Onde remata o mar

Os meus pais lémbranme sempre que poden que a miña educación é a súa herdanza. Non vou ter outra. Estudei o que quixen, pero non fun tan bo estudante para quedar preto da casa. E non dubidaron en pagar unha universidade privada para que puidese facer Xornalismo, pese a que na casa os cartos nunca sobraron. Nunca lles poderei agradecer o esforzo que fixeron e a confianza que tiveron, teñen e terán en min. O Estado e as becas tamén axudaron.

Despois de catro anos, hai uns meses que voltei a Galicia para facer un máster a só 20 minutos da casa. “¿E logo por que non te vas a outro país”?; “¿Non sería mellor aprender idiomas?”. Os que preguntan soen ser os que máis se queixan da sangría de talento que estamos sufrindo. Se cadra o meu é conformismo, falta de ambición; ou medo. Si, medo a non voltar a casa. Medo a pisar Galicia só nas vacacións.

Cada poucos días descubro que algún coñecido se vai a Alemaña ou ao Reino Unido. Hai uns anos, esta xente podía escoller aquí entre varios traballos ao rematar os estudos. Agora, varias persoas pelexan, aquí ou fora, por algún choio no que se poderían ter aforrado varios anos entre libros e apuntes.

¿Que van facer? Din por aí que voltarán cando a cousa mellore. Ah, ¿pero vai mellorar? Coma min, esta xente tamén recibiu becas. Miles de millóns de euros de inversión dos que se van aproveitar os menos afectados por unha crise que de tanto falar dela xa ninguén sabe o que é.

Dentro duns anos, haberá un Pereira, unha Castro, un Andrade, ou unha Mariño que descubrirá a vacina contra a SIDA, ou dirixirá o CERN, ou construirá grandes estradas e pontes. Os nosos xornais (os que queden), presumirán. Si, presumirán, como xa están facendo, dos que tiveron que fuxir da súa terra para acadar os seus soños.

Oxalá o poida contar dende aquí. Pero somos cada vez menos grans de area. A praia vai a menos. E o mar segue batendo con forza para levarnos a outras costas.

Anuncios

Un pensamiento en “Onde remata o mar

  1. 🙂
    lin e cada vez gustábame máis… ata que chegou un calafrío con iso que a praia vai a menos…
    estos alemáns tenhen moitas características boas, desde logo, pero o que non deixo de pensar é que este pobo non goza de cousas tan importantes para mín como o pracer dun bo xantar (a paixón pola cocinha… eles comen por non ter a sensación de fame no estómago), a sensualidade de bailar… e mil historias máis.
    Non deixes de escribir!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s