From Amalia to the river

A semana pasada abrín o blog a partir dunha experiencia no bus de volta a casa dende Sabón. Onte tampouco me puiden resistir tras outra gran vivencia cando viña no coche. A este paso, voume ter que replantear o título deste blog.

Pola mañá soio escoitar a tertulia, pero pola tarde, cansado das clases e con ganas de descanso, poño música a toda tralla e vou cantando. Onte, cando ía cambiar o CD, escoitei na radio: “Ponme unha canción de Brus Pristín“. Aquí se lía, pensei. O programa era un magacine de tarde, unha especie de Luar radiofónico interactivo no que a presentadora pasa a tarde escoitando a maiores (e non tan maiores) galegos que adican unha canción, contan a súa vida, e de paso, fan amigos radiofónicos.

Amalia, que así se chamaba a muller, tiña clara a súa elección. “Quero unha canción que se chama ´Gritis Jis`”. A presentadora, despois de preguntarlle á señoriña se quería decir “Glory Days” (“será esa”, dixo a muller, non moi convencida, pero segura da súa pronuncia) explicoulle que eso era un disco, onde estaban as mellores cancións do tal Pristín.

Entón, comenzaron as adicatorias de Amalia. Comezou a recitar coma se as tivera memorizadas ou anotadas nun papel (non sei que sería mellor). Reproduzo textualmente: “A Carme de Ferrol, María de Coruña, María de Ourense, Nuria de Muros…LLAMA!, Carme de Cespón, Luis de Ourense, José de Ferrol, Manolo de Sampaio, de Carballo, de Paiosaco, María de Pontedeume, María de la O…

Tal cual. A presentadora, abrumada, decidiu escoller un tema ao chou, e adiviñade cal foi…


Gracias, Amalia. Alegráchesme a viaxe.

P.D.: Hoxe estaba chegando a casa e Amalia chamou outra vez. Dixo que aínda que chovera, ía coller o “paragüero” e dar un paseo por Riazor. E pediu Ansiedad de Nat King Cole. E repetiu as adicatorias exactamente igual que onte. Enorme. Mañá, se volve a chamar, grabareino.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s