Cabezas cadradas

José ten dez anos, fala castelán na casa e no colexio e non ten cornos nin cuspe lume pola boca. Vive na Coruña, ou en Vigo. Tódolos domingos vai comer á casa dos avós na aldea. Eles falan castelán en grao de tentativa, e el responde en castelán bastante correcto. Compréndeos igual aínda que falen galego coma sempre. Os seus pais non procuran ensinarlle a lingua que aprenderon de pequenos na casa. “Para eso está la escuela”. Pero á hora de escoller a lingua na que debían educar ao seu rapaz, optaron polo castelán. “El gallego solo lo habla en casa de los abuelos y más allá del Cebreiro no sirve de nada”. Javi chegará ao Bacharelato, terá boas notas e entenderá o galego. Pero para poñerse a falalo, costaralle tanto coma o inglés.

Xosé vai na clase de José. Tampouco ten cornos nin cuspe lume pola boca. Tódolos domingos vai comer á casa dos avós na aldea. Chámase Xosé e non José porque así o quixeron os seus pais. O seu avó chámase Xoán, pero ata os 40 tivo que chamarse Juan porque así o quixeron outros. Na aldea fala en galego cos avós, que nunca tiveron que facer a tentativa de falar castelán cando estaba el diante. Xosé entende o castelán sen problema, pero dende pequeno, debuxáronlle unha terra hostil máis alá do Cebreiro.  Chegará ao Bacharelato e falará o castelánmáis ou menos ben porque o ve na televisión e na maioría dos sitios aos que vai. O inglés costaralle, como a José.

João vai na clase de José e Xosé. Coma os seus amigos, tampouco ten cornos nin cuspe lume pola boca. Chegou de Brasil cando era un bebé porque aquí había traballo para os seus pais. Poucos meses despois de empezar a escola en Galicia, xa falaba en galego con Xosé, porque se parecía ao portugués, e en castelán con José, porque o aprendiu axiña na televisión, e pola rúa, e en gran parte dos sitios aos que ía.

Os pais de José dinlle que lea libros de Cervantes, pero non lle ensinan a Cunqueiro. Os pais de Xosé danlle a ler a Castelao, pero non a Quevedo. Os pais de João regálanlle os ensaios de Saramago. Pero tamén lle regalarán dentro de pouco a Rosalía, e tamén a García Márquez.

Se cadra, José terá que ir para Brasil cando deixe de estudar, porque alí agora hai traballo. Máis aló do Cebreiro, non valía de nada o galego. Pero vai quedar pasmado cando vexa que a Xosé, que tamén tivo que marchar a Brasil, aprenda o portugués moito máis rápido ca el. Os dous van probar sorte tamén na Arxentina. Alí aprenderá antes José que Xosé.

Mentres, João móvese igual de ben en Santiago, en Madrid, en São Paulo ou en Buenos Aires.

Mira que é duro ser cabeza cadrada cando a terra é redonda.

pelea

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s