Que nos devore o verán

De cando en vez, hai que escapar. Sacudir horarios, rutinas e caras. Despertar e durmir noutros leitos. Conducir por novas estradas, escoitar outras linguas. Aspirar o arrecendo doutras árbores. Abrazar a dous cativos que ves menos do que quixeras, pero que che enchen os días cun sorriso, ou cunha canción, ou querendo poñer a camiseta que lle regalaches. Achegarte máis a quen te quere ben, aínda que non pode estar tódolos días para demostralo.

Hoxe regresas e mañá acabouse. Volven a comezar esos días nos que tes que ver a través dunha fiestra como vai cambiando a luz do serán. Deixas de sentir o vento bicándoche a cara. E máis agora, que parece que remata o gris, a chuvia e o vento, e comeza o azul e o verde, o sol e a airexa. Agora que, neste país que tanto chamamos das sombras, poderemos disfrutar da luz do sol ata case a medianoite.

Que veña xa o verán e nos devore a todos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s