Viaxe cósmica entre bateas

Primeiros compases do viaxe, con Vilanova ao fondo

Primeiros compases da viaxe

Tan cósmica foi a viaxe que preparou Tonhito de Poi que ata o Sol se quixo unir á festa tras meses agochado case sempre entre as nubes. Despois dunha tarde propia de verán, xa caía o astro polo norte da ría de Arousa cando o Gran Cormorán Jet zarpou de Vilanova, cun pouquiño de retraso, cara a Pobra do Caramiñal. Con Tonhito ao mando, vestido con gorra de capitán, chaqueta mariñeira e pantalóns militares, a banda comezou a quentar motores mentres o catamarán voaba entre bateas. O artista ameazou con tirar pola borda a bandeira de España que o vento ondeaba na cuberta. Na Pobra subiron os que faltaban por unirse á festa. Cando o buque se achegaba ao porto, os barcos que estaban atracados comezaron a danzar ao ritmo das ondas que dibuxaba a estela do Cormorán. Outro momento cósmico. E faltaban moitos máis por vir.

A ría de Arousa, a ras de auga, dende a parte baixa do Gran Cormorán

A ría de Arousa, a ras de auga, dende a parte baixa do Gran Cormorán

Un deles chegou cando a embarcación de Aduanas, en misión de recoñecemento, rodeou o catamarán mentras era retratada polos pasaxeiros. Mesmo algún deles lles berrou para que se sumasen á festa. A banda tocou ata que o buque se detivo preto da Illa, con Sálvora no horizonte, para cear. Antonio Botana puxo sobre a mesa os manxares que medran nas augas da ría e nos campos galegos. Berberechos en crema de tomate, mexillóns en vinagreta con limón, croquetas de xamón, albóndegas de tenreira e empanada de pan de millo con zorza. Escoitáronse algunhas queixas porque houbo xente que quedou sen cear, pois a comida non chegou para todos. Tonhito asumiu o erro e prometeu que non volvería a ocorrer. “¡Na casa de Tonhito de Poi non se pasa fame!”, exclamou logo no concerto.

O sol agóchase tras A Curota

O sol agóchase tras A Curota

Trala cea, despois de que o Sol se botara a descansar arroupado pola Curota, o Gran Cormorán buscou abrigo preto da Pobra. Amarrado a unha batea, a banda de Poi comezou a tocar baixo un ceo limpísimo e cheo de estrelas. Fixeron un Non quero nada de ti (a única referencia aos Heredeiros na noite) lento e sensiblón, que ata quedou romántico, coño.

Durante máis de hora e media foron soando as cancións xurdidas do viaxe iniciático que Tonhito de Poi fixo ao Alto Amazonas. Ritmos tradicionais da selva, trazos de psicodelia e letras sobre a Verdade e a purificación espiritual. Entre elas, a xoia Flor das augas, un canto a esa limpeza interior que experimentou o artista entre chamáns e aiahuasca.  “A morada do meu pai é no coração do mundo, aonde existe todo amor e tem um segredo profundo”, di a letra.

Logo duns pequenos problemas técnicos, Tonhito elevouse sobre o público no último tramo do concerto. Ás súas costas, a lúa brilaba no ceo da Pobra. Para o final do concerto quedou El abismo, un profundo tema que lle “ensinou un maestro en Cuzco”.

Tonhito, xa subido á mesa, na parte final do concerto

Volveronse a encender as máquinas e o barco achegouse ao porto para deixar aos pasaxeiros que con tristura se despedían desta viaxe cósmica. En canto baixaron os da Pobra, o Gran Cormorán voltaba a cruzar a ría ata o seu punto de orixe, Vilanova, para pechar o ciclo dunha noite inesquecible.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s