Pra a Habana

Imaxe

Ao chegar á Habana, apenas nos fixeron falta cen pasos para que nos timaran un peso polo Granma, que realmente valía vinte centavos. O homiño que nolo vendiu non fixo ademán de meter a man no peto para buscar o cambio, pero nós tampouco llo pedimos.
Apenas fixeron falta cen pasos para que nos ofreceran droga, pero aí xa non picamos.
E apenas fixeron falta cen pasos para toparnos cun cruceiro feito polos canteiros de Poio e unha placa na honra de Rosalía coa primeira estrofa de “Adiós ríos, adiós fontes”.
Á esquerda, a uns metros do cruceiro, na rúa Oficios, hai dous apelidos, tamén galegos, escritos na fachada dun edificio: Casteleiro e Vizoso. Dous galeguiños, de nome Segundo e Gaspar, que traballaban nunha ferretería que dirixía un aragonés de Calanda, Leonardo Buñuel. Este Leonardo tivo un fillo chamado Luis. Fuxiu de Cuba despois do afundimento do Maine e deixou a cargo do negocio aos galeguiños, que aguantaron alí, coma sempre. Cando volviu, uns anos despois, o negocio de Casteleiro e Vizoso xa era un imperio sen sitio para o pai de Luis Buñuel. Unha historia curiosa que contaba hai uns meses Fernando Salgado en La Voz.

Acordeime disto despois de ver unha foto de Global Galicia, o portal de emigración que puxo en marcha La Voz para achegarnos aos que están fora, agora que volvemos ser emigrantes. Non é o mesmo, claro. Dun camarote de terceira e dúas semanas de viaxe pasamos a un par de horas en Ryanair. Das cartas de ano en ano pasamos ao Facebook e o Skype. E dos analfabetos pasamos a licenciados, mestrados e políglotas.

E canto temos que aprender de xente coma Casteleiro e Vizoso.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s