A bóla do mundo é nosa

Cando era máis novo que agora (só un pouco) xogaba cunha bóla do mundo que me regalaran pola comuñón. Xirábaa con forza, pechaba os ollos e pousaba o dedo índice nalgún lugar do planeta. E debería viaxar a onde o dedo marcase. Imaxinaba como sería Tahití, San Petersburgo ou Yucatán.

Hoxe volvín facelo. Sigo sendo bastante neno para xogar a estas historias. E son o suficientemente temerario para facelas realidade.
Cando un medra, unha das cousas que aprende é que non se pode ter todo o que a un se lle antolle. Unhas veces por realismo e

image

¿A Crimea?

outras veces porque, aínda podendo conseguilo, bótao un todo a perder porque é un idiota.
Así que, non sei ben se por realista ou por idiota, collín varias opcións de reserva. Non vaia ser que o dedo apunte no medio do Pacífico.  A idea de gastar as vacacións na viaxe non parece moi ilusionante. Ou se cadra si, quen sabe.

O meu dedo, coma min, é medio especial. Caiu en Crimea, na foxa das Aleutianas, nas Illas Bermudas, en Mauritania, en Afganistán (pero na zona talibán, por suposto, a lo loco) e na China. A ver onde me dá por caer a min

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s