Removendo fíos

Hoxe tivemos clase con Vítor Mejuto, xefe de Fotografía de La Voz de Galicia. Estivemos repasando algunhas das fotos que fixo durante a catástrofe do Prestige. A parte dunha das máis coñecidas, chamoume moito a atención esta imaxe.

Non hai moito que comentar. A foto xa fala dabondo.

Non ven nada mal lembrar aqueles días de novembro de 2002. Aqueles días nos que o próximo presidente, que agora move fíos para formar goberno, tamén falaba de fíos, pero de “plastilina“, tal e como se pode ver na mancha negra que está detrás do home do dedo acusador.